PARTICIPACIÓN LNB

  A falta de 11 xornadas LNB os datos de participación son expectaculares. Xa xogaron, esta temporada, 319 persoas entre todas as conferencias. Ademais, debemos contar que moitas outras persoas xogaron algún TAB (Torneo Aberto de Billarda) e non xogan na Liga Regular. 






conferenciasNOLNORRIA
8 XOR8 XOR12 XORTOTAL
TOTAL LNB9658165319
Homes7247119238
Mulleres24114681



   A participación infantil está presente en todas as Conferencias. Algo impensable hai só doce meses está feito a día de hoxe. A Conferencia Noroeste e Norleste consolidaron un grupo pequeno de cativos e cativas, algo fantástico pois o futuro da bilalrda é asegurar que nenas e nenos poidan participar con normalidade. A Conferencia Rías Baixas é un referente a imitar en canto a participación infantil. 

PARTICIPACIÓNinfantil43
INFANTILNENOS27
TOTALNENAS16

MARTÍN DAVILA-ARMADIÑA

DANI-ARMADIÑA

MARTIÑO-CORREDOIRAS

MARÍA CALDAS-ARMADIÑA


OSCAR-ARMADIÑA

GENO-CORREDOIRAS


AINHOA-ARMADIÑA

ADRIANA-ARMADIÑA
JUANMA-LÚA DE FORZA

ALL STARS 2017


   O colectivo da LNB aproveitou a disputa do ALL STARS 2017 de LAXE para demostrar, cun sorriso nos beizos, que a lingua galega está detrás dos dentes e, ademais de estar unida á cartilaxe do hioide (óso do pescozo situado enriba da larinxe), tamén ten as súas raíces chantadas no corazón.






A area de Laxe dictou sentenza e IVÁN de Furabolos do Pino conseguiu ganar o Aberto das Estrelas e con isto convértese no primeiro palanador que ten asegurada a súa participación no PLAY OFF 2017.


   Despois de laboriosas xestións recuperamos as actas do ALL STARS. Debaixo vemos os datos estatísticos de participación, así como os resultados oficiais. 






PARTICIPACIÓN 61 ABERTO

42 TRIPLAS



TRIPLAS

COLLAZO CONFERENCIA NOROESTE
XAN CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
CARLIÑOS CONFERENCIA NOROESTE






ABERTO DAS ESTRELAS

IVÁN CONFERENCIA NOROESTE
LITO CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
SALVA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS




CONFERENCIA RÍAS BAIXAS



Pola mañá a marea estaba a unha distancia prudente. Pola tarde, a cousa foi ben distinta


Vemos a mesa de organización e os trofeos que se repartiron. As nasas formaban parte da ambientación mariñeira.

Os xornais da Costa da Morte informaron do ALL STARS. Na foto vemos ao excelente palanador, Gándara, e mellor artesán da madeira. Os trofeos que se entregaron en Laxe son froito do seu maxín.


   

ALL STARS 2017

   Aínda non temos os datos de participación no ALL STARS LNB 2017, pero sabemos por informantes locais que a hostelaria e restauración de LAXE tivo unha ocupación por enriba do habitual para estas datas. Cando teñamos os documentos oficiais publicaremos os números. 



   A Costa da Morte estaba melancólica e magnífica, a auga movíase en azul marino, a vexetación florecía en verde constante e o aire respiraba apacible.




A praia de Laxe esperaba inquieta ás 11.30. O bulir de xogadoras e xogadores xa se empezaba a escoitar, ou mellor dito a sentir e presentir, xa que os vehículos a motor ocupaban o aparcadoira do areal. Desde as Rías Baixas chegou un grupo expedicionario con intención de asoballar deportivamente, cousa que segundo se veu despois non puideron facer.  



   Toda a simboloxía que acompaña á LNB alá a onde vaia, tamén se presentou en Laxe. Faixas, bandeiras, posters e logos brillaron en Laxe. 


   A Liga Nacional de Billarda ocupou o areal de Laxe dun xeito pacífico e mesmo semellaba que nada alteraria esta tranquilidade. Mais, todo trocou pola tarde. Despois da comida, a expedición das Rías Baixas facía prognósticos de cantos trofeos se levaría, sen contar coas artimañas (segundo eles todas legais) dos locais da Conferencia Noroeste.




   Antes de ir comer celebrouse o concurso de Triplos, cunha participación por enriba de 40. Houbo que competiu descalzo e que o fixo calzado. De 25 billardas que estaban preparadas para ser golpeadas desde distintas posicións o ganador conseguiu meter 11. Este foi o gran palanador de Paiosaco Pepe Collazo. Aquí, non houbo queixa por parte do equipo Rías Baixas. Foi pola tarde cando se veu sorprendido polo equipo Noroeste, e non polo seu xogo. Despois falaremos diso.  





   Durante a comida o entendemento foi total. Cada un e cada unha comeu no seu prato e co seu garfo e coitelo, algún con culler, por aquilo da dieta branda. Cadanseu vaso ou copa, cadansúa botella. En definitiva, a comida e a bebida resultou excelente. Sempre hai algún comensal veciño que fala máis que come e outro que come e non fala, porén, todos e todas tiveron un comportamento cívico, incluso Serxio "Milhouse" e Xosé Miguel "Ble".




   Pola tarde, celebrouse o Aberto das Estrelas 2017. Había en xogo, ademais dos trofeos, unha praza para participar no PLAY OFF LNB 2017. O ganador do aberto ou a ganadora conseguiría unha praza para a Categoría Individual Absoluta da final LNB 2017.



 
   Os participantes en categoría infantil foron Oscar Cambón, Marc e Abel, da Conferencia Noroeste, e Geno e Juanma da Conferencia Rías Baixas. Probablemente, entre eles está o vindeiro Campión Nacional 2017.


   
   O Aberto ganouno IVÁN de Furabolos (O Pino), que aínda non xogou ningunha xornada esta temporada, para que vexades o nivel de rendemento que houbo en Laxe. Tamén, dicir que Iván non comeu coas outras expedicións do Noroeste e Rías Baixas. Tería algo que ver este feito?

   No Aberto houbo unha Conferencia Ganadora que foi a das Rías Baixas. Levouse un fantástico trofeo elaborado polo extraordinario artesán da madeira, Gándara. Pódese ver na imaxe de abaixo o poder tribal e mitolóxico do obxecto.

 
   Para acabar, o portavoz do equipo Rías Baixas que quere manter o anonimato, (JM C.) envíalle unha mensaxe ao equipo da Noroeste:

    "a pesar de subirnos a marea para invadir os campos e dificultar o noso xogo, a pesar de activar un vento de forza 15, a pesar de alimentarnos con carnes tóxicas, a pesar de facernos xogar as últimas carreiras sen luz... en definitiva, a pesar dos obstáculos o noso equipo saiu vitorioso. Para o ano organizaremos nós... ídevos preparando."

ALL STARS 2017

   Xa esta todo preparado para celebrar o ALL STARS 2017. Unha cita que se disputa desde a temporada 2007-2008 e que ten por obxectivo reunir a palanadores e palanadoras de todas as conferncias LNB para mostrar ao mundo que o deporte da billarda, ademais dun espectáculo deportivo, tamén é un acontecemento cultural,  gastronómico e musical. Deste xeito, as compañeiras e compañeiros da Conferencia Noroeste programaron unha xornada magnífica na Praia de Laxe e arredores. O atractivo do plan de fin de semana para achegarse á Costa da Morte é suficiente para mobilizar ao colectivo da billarda, porén, dicir que tamén se otorga unha praza directa para o PLAY OFF LNB 2017. Daquela, o ganador ou ganadora do Aberto das Estrelas obterá praza para competir pola Coroza 2017. 




INFORMACIÓN ESTATÍSTICA DE PARTICIPACIÓN






 A falta de 6 xornadas na Conferencia Rías Baixas, 4 na Conferencia Noroeste e 3 na Conferencia Norleste os datos de participación indican un rexuvenecemento da LNB, ao mesmo tempo que se afianza a participación feminina.