O colectivo da LNB aproveitou a disputa do ALL STARS 2017 de LAXE para demostrar, cun sorriso nos beizos, que a lingua galega está detrás dos dentes e, ademais de estar unida á cartilaxe do hioide (óso do pescozo situado enriba da larinxe), tamén ten as súas raíces chantadas no corazón.
A area de Laxe dictou sentenza e IVÁN de Furabolos do Pino conseguiu ganar o Aberto das Estrelas e con isto convértese no primeiro palanador que ten asegurada a súa participación no PLAY OFF 2017.
Despois de laboriosas xestións recuperamos as actas do ALL STARS. Debaixo vemos os datos estatísticos de participación, así como os resultados oficiais.
| PARTICIPACIÓN |
61 |
ABERTO |
|
42 |
TRIPLAS |
| TRIPLAS |
|
|
| 1º |
COLLAZO |
CONFERENCIA NOROESTE |
| 2º |
XAN |
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS |
| 3º |
CARLIÑOS |
CONFERENCIA NOROESTE |
| ABERTO DAS ESTRELAS |
|
|
| 1º |
IVÁN |
CONFERENCIA NOROESTE |
| 2º |
LITO |
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS |
| 3º |
SALVA |
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS |
| 1º |
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS |
 |
| Pola mañá a marea estaba a unha distancia prudente. Pola tarde, a cousa foi ben distinta |
 |
| Vemos a mesa de organización e os trofeos que se repartiron. As nasas formaban parte da ambientación mariñeira. |
 |
| Os xornais da Costa da Morte informaron do ALL STARS. Na foto vemos ao excelente palanador, Gándara, e mellor artesán da madeira. Os trofeos que se entregaron en Laxe son froito do seu maxín. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario