PARTICIPACIÓN
55
10 MULLERES
45 HOMES
CHARLI | CARABULLO | PONTE DE OUTEIRO |
JAVI MORÁN | CARABULLO | PONTE DE OUTEIRO |
DANIEL | BILLARDEIROS MUSICAIS | RIBADEO |
BEA | TROITAS BRAVAS | A PONTENOVA |
GENI | BILLARDEIROS MUSICAIS | RIBADEO |
LOLA EIRAS | POLKA MISERIA | POL |
1 | CARABULLO | PONTE DE OUTEIRO |
2 | BILLARDEIROS MUSICAIS | RIBADEO |
3 | CHAINZOS/CADAVAL | CASTRO DE REI |
Faltando dúas xornadas para o final de liga regular na Conferencia Mai, o equipo de análise e estatística da LNB fai as súas previsións sen marxe de erro posible. Así, o título de Conferencia, na Categoría Individual Absoluta, vai ser cousa de 6 xogadores. Será unha loita entre a Terra Chá e a Mariña. Podemos afirmar tamén, que se a vindeira xornada de Pol se xoga en herba vemos a Charli o chairego con moitas posibilidades de alcanzar o título. Os Billardeiros Daniel, Rubén e Manu Pozo teñen a favor que a última xornada xogarase en Remourelle, un lugar e unha superficie que coñecen perfectamente e á cal se adaptan mellor que os da Ponte de Outeiro. Ademais, Daniel é un dos máis grandes talentos da LNB. Os seus datos así o confirman. Un dos poucos, pouquísimos, pois só hai dous xogadores que teñen a triple coroa, Título Individual Absoluto, Título de Varados e Título na Categoría de Equipos. Realmente, pouco lle queda por conseguir. Certo que Tomás e Isma deben esperar o fallo dos catro grandes dominadores da Conferencia, aínda así, non se poden descartar, xa que como se di, "un mal día teno calquera".
Ningún comentario:
Publicar un comentario