ANÁLISE CONFERENCIA NOROESTE ÚLTIMA XORNADA



       A xornada de Malpica deixou tan só por decidir as prazas de podio, na Clasificación Individual Absoluta, xa que o título estaba en mans do palanador de Paiosaco, Collazo (LNB 2013), desde había dúas xornadas. Por terceiro ano consecutivo o brazo do de Campo da Feira estivo firme e dominador. Outro ano máis Collazo será un candidato a vestir a Coroza. O ano pasado tivo que conformarse con estar á dereita do Coroceiro Nacional, Chousa, e este ano volverá ter unha oportunidade de subir ao máis alto e levar por vez primeira a Coroza para territorio Noroeste. Se alguén pode poñer en dúbida o dominio das Conferencias Norleste e Rías Baixas é o de Paiosaco.



       Despois veñen catro palanadores de gran nivel, que sen estar á altura de Collazo poder ganar a calquera. Viqueira (LNB 2011) é un xogador histórico da Conferencia e leva clasificándose para o Play Off desde o 2012 ininterrumpidamente, algo que fala sobre o seu potencial competitivo. Juan Carlos (LNB 2016) é un novato, pois empezou a xogar na LNB esta temporada. Polo tanto, ten un mérito extraordinario, sobre todo, tendo en conta que conseguiu o triunfo na xornada 10. Para Oscar Ponte (LNB 2016) esta é a súa segunda temporada de competición, aínda que podemos dicir que na anterior xogou tan só dúas xornadas. Daquela, a súa progresión foi espectacular, pois xa conseguiu a vitoria nunha xornada, precisamente a xornada 11 de Malpica. Xulio Ponte (LNB 2015) compite por segundo ano e, igual que na temporada anterior, ten garantida a clasificación para o Play Off 2017. Entre eles estarán os dous que ocupen as prazas do podio da Conferencia.

VIQUEIRA COK 64
JUAN CARLOS FEI 62
OSCAR PONTE FEI 60
XULIO PONTE FEI 59



       Berdillo (LNB 2011) volve a conseguir a clasificación para o Play Off. Gándara (LNB 2014) consigue a clasificación por segunda temporada consecutiva.  

BERDILLO COK 53
GÁNDARA FIL 53


       Jesús Andrade (LNB 2016) vai estar por vez primeira na terra do Castiñeiriño para intentar vestir a Coroza Nacional. Non está clasificado de xeito matemático, pero si de xeito racional. Para non clasificarse debería suceder a seguinte casuística: non pasar de grupo na última xornada e que Dilan (LNB 2014) ou Julio Vilas (LNB 2014) ganaran a xornada, algo posible, non obstante, moi improbable. Non quere isto dicir que Dilan ou Julio non puidesen ganar unha xornada, senón que é bastante difícil que coincidan os dous feitos ao mesmo tempo. Tamén, Apóstolo (LNB 2014) está na mesma situación que os seus compañeiros de equipo, debería ganar a última xornada e que Andrade non pasase de grupo. Todo é posible neste marabilloso deporte.  

J ANDRADE FIL 49
DILAN APB 39
JULIO VILAS APB 39
APÓSTOLO APB 37

       Este ano, por vez primeira, haberá participación infantil no Play Off en representación da Conferencia Noroeste. todos estes cativos empezaron a xogar este ano e xa conseguiron mellorar o seu nivel. Isto significa que non o van ter tan doado coma outros anos os pícaros das Rías Baixas. Das categorías inferiores de Campo da Feira chegan á LNB, Oscar Cambón, Abel e Marc, que xunto con Oscar García de Cochikeiros van desafiar o dominio absoluto das Rías Baixas nesta Categoría. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario