CONFERENCIA NORLESTE ANÁLISE ÚLTIMA XORNADA

REMOURELLE volverá a decidir o Campión 2017. A mítica pista dos Bulls escollerá para a gloria a quen saiba aloumiñar a súa pel de cemento.







        A xornada de Pol deixou a Clasificación Individual Absoluta con poucas variacións nos seus postos de podio, xa que as diferenzas entre os palanadores foron mínimas. Por conseguinte, a xornada de Remourelle vai dictar sentenza. Se analizamos as características da pista de Remourelle e os resultados da temporada pasada neste campo, podemos afirmar que os favoritos son os xogadores de Billardeiros, visto que, o ano pasado, Rubén Fernández conseguiu a vitoria co pleno de puntos, Manu Pozo, con 24 e Daniel, cos mesmos puntos, foron segundo e terceiro respectivamente. Ademais, os Billardeiros coñecen á perfección a superficie de cemento de Remourelle dado que xogan con certa asiduidade nela. De aí que pensemos que Charli vai xogar en territorio hostil e deberá ter o brazo máis preciso ca nunca. Ora ben, o de Ponte de Outeiro ten unha zurda temida polos de Ribadeo, que non as teñen todas consigo, sobre todo porque nesta última xornada non haberá sorteo de grupos, senón que se confeccionarán segundo a posición que ocupan os xogadores na clasificación. Ou sexa, irán para o grupo 1 os primeiros clasificados, para o 2 os seguintes na clasificación e así sucesivamente ata completar os 6 grupos. Tomás e Santi están demasiado lonxe como para optar ao podio e demasiado lonxe de quedar fóra do Play Off, polo tanto, poderán xogar sen presión e, se cadra, axudar ao seu compañeiro. Outros que tamén van xogar relaxados son Geni, Isma, Pepe Outeiro e Pepe Vidal, que teñen a clasificación practicamente conseguida.

TOMAS CAR 173
SANTI CAR 170
GENI BIL 165
ISMA CAR 163
PEPE OUTEIRO CHA 163
PEPE VIDAL CHA 162



        A partir de aquí, a clasificación aprétase. Tanto Regueiro, coma Franco e Rubén están nos 150 puntos e aínda así non están tranquilos. O mesmo lle sucede a Markytos e Juan, que están a un punto do límite. Por suposto que a razón pola cal están preocupados é de peso, pois están fóra dos postos de Play Off palanadores do nivel de Suso Coedo, Alvariño, Jorge Galdo, Luís Ares, Hervy, Noé, Cortón e Sachas. Todos a 6 puntos ou menos da clasificación, excepto Sachas que está a 10 puntos.

REGUEIRO TRA 155
FRANCO BIL 154
RUBEN CHA 150
MARKYTOS BIL 146
JUAN BIL 146
SUSO COEDO BIL 145
ALVARIÑO POL 145
JORGE GALDO EKI 145
LUIS ARES CHA 141
HERVY POL 141
NOE TRA 140
CORTON CHA 140
SACHAS TRA 136



Ningún comentario:

Publicar un comentario