O venres 24 de agosto
celebrouse o Aberto de Manzaneda cunha enorme emoción entre veciños
e veciñas que se deron cita para ver este marabilloso espectáculo
da LNB que ten como obxectivo a recuperación da práctica da
billarda en todo o territorio galego. Asi, xuntáronse mozos e mozas
nacidos no século XXI e persoas adultas que o fixeron no século
XX, e algunha destas antes da mitade deste século pasado. O Macizo Central
ourensán ten tradición de billarda e algúns dos participantes
lembraron como xogaban nos prados e nos camiños.
En definitiva, foi
unha reunión lúdico-festiva na que non faltou a presenza de
representantes da LNB. 6 intrépid@s xogadores das Rías Baixas
acercáronse ata Manzaneda. Ademais, o Concello de Manzaneda
encargouse de proporcionar a nutrición e hidratación axeitada para tod@s @s deportistas.
En canto aos resultados, dicir que os representantes LNB dominaron o Aberto. Deste xeito, dous dos pensionistas de Gharaboto conquistaron o Macizo Central, a pesar de ser homes da beira do mar. Debemos salientar a destreza demostrada polos xogadores locais, quen o único que necesitan é a práctica continuada. A intención da LNB e dos propios nativos é recuperar a práctica da billarda na Comarca. Agora, falta dar o paso definitivo. Veremos que sucede !
Ningún comentario:
Publicar un comentario