A tarde do domingo 16 de setembro de 2018 será lembrada para sempre polo deporte galego. "Naquel serán caluroso de Castroverde lembro que se inaugurou o primeiro campo de billarda da provincia de Lugo", esta será unha frase que oirán pícaros e pícaras do século XXII de boca da súa avoa ou do seu avó. Daquela, a billarda xa será deporte olímpico consolidado e nas tertulias farase memoria das orixes modernas deste deporte marabilloso.
En definitiva, grazas ao empeño dun grupo de mulleres e homes de Castroverde (Billarda Verde) xa temos á disposición da práctica da billarda un anaco máis de terra galega. A reconquista continúa !
Houbo varios triunfadores na primeira xornada. Os triunfadores no eido competitivo foron Albino de Carabullo na Categoría Individual e Chaínzos-Cadaval na Categoría de Equipos. Os outros grandes destacados da xornada foron BILLARDA VERDE, que conseguiron o maior triunfo de todos, recuperar un espazo de terra para o xogo da billarda. Ademais aseguráronse de que o varal tivese a última tecnoloxía en sismoloxía. Deste xeito, prepararon o varal para resistir unha magnitude sísmica na escala Richter de 9 (destrución total, caos, morte e destrución). Se non o credes, comprobade como a Agapito case non se lle ve do gordas que son as varas do varal.
AQUÍ VAN ALGUNHAS FOTOS DA TÉCNICA DE GOLPEO NORLESTE
 |
| ISMAEL (Carabullo) |
 |
| MANU (Polka Miseria) |
 |
| GENI (Billardeiros Musicais) |
 |
| DAVID NAVALLO (Troitas Bravas) |
 |
| NOÉ (Troitas Bravas) |
 |
| ÓSCAR TRADE (Billarda Verde) |
 |
| ROI (Troitiñas Bravas, equipo filial) |
 |
| REGUEIRO (Troitas Bravas) |
 |
| SARA (Polka Miseria) |
 |
| VILLARINO (Remourelle Bulls) |
 |
| CORTÓN (Chaínzos-Cadaval) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario