BILLARDA ... DEPORTE

     Hai datas que quedan na memoria colectiva de tribos, pobos e nacións. Para a tribo LNB son moitos os momentos imborrables, pois cada vez que nos xuntamos para xogar billarda é un instante irrepetible e único. Xa queda lonxe aquel domingo 16 de outubro de 2005 en Santo Adrao, Lourenzá (Lugo), no que se iniciaba esta aventura marabillosa chamada LNB. Sobre a terra compacta do campo da festa celebrouse a primeira xornada de liga. 
    Outra data relevante é a do 30 de novembro de 2007. Cando se escoitaron polos altofalantes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña estas frases con peso de sentenza ou proverbio: 
"Somos orgullosos deportistas galegos e galegas, herdeiros da furia e da carraxe duns antepasados esnaquizados pola histora. O día de hoxe, coma o ferro quente na pel das bestas bravas quedará marcado coma o día no que o deporte da billarda saíu para nunca máis voltar....... á angustiosa cova do esquecemento". (Xermán Viluba, na Gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego 2007, cando recolleu o Premio á mellor iniciativa en Deporte Tradicional 2007, "A LNB").

      Se no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o 30 de novembro de 2007, a billarda saíu da cova do esquecemento,  desta vez, o 4 de xuño, un martes de 2019, quedará gravado coma o día no que a billarda recuperou a súa identidade deportiva. 







     Agora, queda esperar a que sexa recoñecida esta indentidade deportiva da billarda pola institución que ten asumida esta competencia, a Secretaría Xeral para o Deporte.

3 comentarios:

  1. Ide preparando cascos, rodilleiras, codeiras, e todo tipo de medidas de proteccion!!

    ResponderEliminar
  2. Aqueles pioneiros que no 2003 comezaron a recuperar a práctica da billarda na Mariña Luguesa xa pensaron niso. Deste xeito, idearon un sistema de xogo no cal non é necesario protección corporal, pois o obxectivo é introducir a billarda polo varal (dúas varas verticais que se sitúan a 50 m.) antes que os demais competidores. Daquela, cando un xogador ou xogadora vai golpear a billarda non ten a ninguén no terreo de xogo sobre o cal avanzará a billarda, polo aire ou polo chan.

    ResponderEliminar