KEVIN e o TAB Raio de Sol

       Quen vexa o podio do TAB Raio de Sol pensará que se disputou na Terra Chá, pero, non máis lonxe da realidade, xa que foi na Laracha, o que pasa é que a xenerosidade desta xente é lendaria e quixeron corresponder a esta calidade recompensando aos palanadores que se desprazaron desde a chaira de Lugo. Deste xeito, os bravos e destemidos chairegos ocuparon todo o podio absoluto, confirmando a xustiza dos resultados da Conferencia Norleste na FinaLNB 2019. 

     
CHOUSA

ALBINO

JAVIER

COLLAZO

AURELIA

CÉSAR





         Por outra beira, por fin, despois de 5 meses, Kevin contestou ao cuestionario TDLNB. Esta entrevista estaba programada para publicarse o mes de xaneiro, mais o pachorrento, calmoso, chachazudo e tranquilo xogador de APB decidiu tomarse o seu tempo para reflexionar as respostas. A verdade, as respostas telegráficas de Kevin dan conta dun mundo interior que se sitúa lonxe do entendemento da maioría d@s mortais... Vós mesmas, vós mesmos poderedes distinguir os síntomas e diagnosticar...

      







      Unha época da vida de Kevin, descoñecida para a maioría de seareir@s da LNB, foi a do seu paso por Hollywood. Despois de varios éxitos mundiais e de viaxar por todo o planeta, un día díxolle á súa axente cinematográfica "Carmiña que lo dejo, que es muy estresante... Interesante no, estresante". E deixouno. Foi daquela cando coñeceu a LNB. Desde entón, a súa adaptación aos escenarios menos sofisticados de terra, herba e asfalto foi perfecta.





Nome e apelidos: Kevin Tomé Martínez
Lugar e data de nacemento: 1992-06-08, Compostela
Lugar de residencia: Meicende
Ano de debut: 2015
Equipo actual: APB Santa Marta



-Cando e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
  En Paiosaco, la billarda me descubrió, Roi, el maestro.
-Que accións propoñerías para que a práctica da billarda chegase á poboación escolarizada?
Dar charlas en colegios
-Que farías para que máis xente xogase á billarda na túa comarca?
   Pues, hablaría con los políticos que rigen mi comarca para que ayuden a fomentar. Por ejemplo, que dejen utilizar campos a la LNB.
-Cales son as túas principais virtudes como xogador de billarda?
    Golpe fuerte, primer golpe.
-Que aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos debes mellorar?
    Creo que los psicológicos. Calmarme cuando le pego a la billarda.
-En varias xornadas estiveches a piques de subir ao máis alto do podio, que che faltou para conseguilo?
    Psicología y concentración.
-Ordena estas superficies de xogo segundo a túa preferencia: TERRA, HERBA, AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN
    Terra, asfalto, cemento, herba, pavillón.
-Cales son a claves da evolución que experimentou o teu xogo esta temporada?
    Pues, que tiro con más calma.
-Que opinas das túas posibilidades para entrar no podio final da Conferencia?
    Cien por cien de posibilidades.
-A que xogadores vés con condicións para ser Campións de Conferencia?
     Collazo.
-Que tería que suceder para que esta temporada rematase o dominio de Campo da Feira?
     Que me dieras el número de eses sicarios.
-Cales son as fortalezas e debilidades de teu equipo APB SANTA MARTA?
     Fortaleza, nuestra pasión y nunca rendirse. Debilidades ninguna, sólo cosas que mejorar (Julio).
-Cales son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como colectivos?
     GANAR, GANAR, GANAR, GANAR, GANAR, GANAR, GANAR, GANAR...
-Por fin podes desvelarnos o misterio da túa procedencia. Eses ollos verdosos e oceánicos indican unha orixe de ultramar e moita xente encontrou un parecido asombroso entre ti e o gran actor actor inglés Ralph Fiennes, que nos podes contar deste asunto?
     Pues nada, que son falsos todos los rumores, yo soy de una tierra verde, como mis ojos, que llueve mucho y cuentan que hay meigas.
-Tamén, se comenta que desde que comezaches a seguir os métodos do mestre Julito Chang, “dar cera, pulir cera, quitar cera”, o teu xogo brilla coma resplandor do Atlántico. Que nos podes dicir sobre isto?
     No es cierto, todo el equipo me ayudó a mejorar mucho.

1 comentario:

  1. Betway Casino New Zealand - Mapyro
    New Zealand casino, 통영 출장안마 Betway, is a top online 안산 출장마사지 casino located in the 고양 출장안마 country. The casino offers live dealer slots and 충청북도 출장마사지 casino games to 제천 출장안마 its

    ResponderEliminar