Multitudinario Aberto de
Billarda en Begonte. 70 persoas anotadas para o Aberto que se desenvolveu nun dos festival referencia en
Galicia, o Festival 27373. Con representación das tres conferencias e un nivel
extraordinario de competidor@s, acubillábase un verde prado, magnífico para a práctica da billarda, baixo as sombras dos castiñeiros milenarios de Begonte. Así, estiveron xogando unha Tricampioa LNB, Geni, dous Bicampións
LNB, Otero e Daniel Rguez. e un Campión LNB, Chousa. De todos os
xeitos, onde estea unha cervexa artesá as forzas equilíbranse.
Catro grupos de case 20
persoas. Uns oitavos de final cun duelo Otero-Chousa. Uns cuartos nos
que sorprendeu a presenza de Ana, nova fichaxe de Madia Leva. As
semifinais foron entre Chousa e Bonxe, por un lado, e Ismael contra
Luís, polo outro. Ou sexa, un dobre enfrontamento Carabullo
Chaínzos-Cadaval. A política de fichaxes que se está a vivir na
Chaira non ten comparación coa moderada tensión entre Hong-Kong e China.
Deste xeito, os dous xogadores que foron convencidos para fichar por
CHA (a altas horas da madrugada nun lugar de ocio nocturno de Castro
de Rei) foron derrotados polos dous xogadores de Carabullo.
A final
estaba preparada para que Ismael (terceiro ano consecutivo que vence
neste Aberto) acadara a vitoria. A primeira carreira ganouna Chousa
en dous golpes. Repúxose Ismael e fixo o mesmo na segunda e na
terceira carreira (desempate). Desta maneira, o pontino levouse os
agasallos que preparou a Asociación Castiñeiro Milenario. Mais, a
nova máis leda que nos chegou desde Begonte foi a da futura creación dun
equipo neste concello para competir na LNB NORLESTE 2019-2020.
![]() |
CHOUSA |
![]() |
"ISMAEL, confirma que non ten rival cando hai Aberto de billarda nun festival". |
![]() |
2º-CHOUSA 1º-ISMAEL 3º-BONXE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario