PLAY OFF 2017 SISTEMA DE COMPETICIÓN






SORTEO



    Como se formarán os grupos da 1ª fase: CATEGORÍA EQUIPOS


  1. Numeraranse os equipos do 1 ao 8.
  2. Despois sacaranse estes números ao chou ata completar a orde do grupo 1.
  3. Esta mesma orde seguirase nos demais grupos.




    Como se formarán os grupos da 1ª fase: CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
  • Haberá cabezas de grupo que serán 1º-2º-3-º4º clasificados en cada conferencia. Será deste xeito: os 1º e 2º irán a un grupo diferente.
  • Haberá 3 recipientes. No primeiro colócanse 3 papeis co nome dos 3 CAMPIÓNS de conferencia, noutro colócanse 3 papeis co nome dos 3 SUBCAMPIÓNS, noutro os 3º e noutro os 4º clasificados de cada conferencia. Sacarase un 1º para o grupo A, un 2º para o grupo B, outro 1º para o grupo C, outro 2º para o grupo D, e así sucesivamente ata completar os 6 grupos. Repetirase o mesmo procedemento cos 3º e 4º, tendo en conta que todos os 4º irán aos grupos dos 1º, e os 3º irán aos grupos dos 2º.
  • Os demais integrantes de cada grupo serán incluídos neles ao chou.



    Como se formarán os grupos da 1ª fase: CATEGORÍA FEMININA
  • As primeiras de cada conferencia serán cabezas de grupo.
  • Nun recipiente colócanse 3 papeis co nome das 3 CAMPIOAS de conferencia. Sacarase unha 1ª para o grupo A, unha 1ª para o grupo B, outra 1ª para o grupo C.
  • As demais integrantes de cada grupo serán incluídas neles ao chou.





Ningún comentario:

Publicar un comentario