CRÓNICA DA FIN DE SEMANA NORLESTE e NOROESTE




       

       Co inicio da temporada de pavillóns chegou a igualdade á Conferencia Norleste. Trabada presenciou unha barruzada de varados. Ata 27 varados se fixeron na pista rápida do pavillón. Despois de sumar os puntos da xornada as clasificación botan lume. Os Billardeiros Musicais senten o retumbar da Chaira, será que se acercan as tropas lixeiras desde o sur coa intención de sustituír o son das gaitas e tambores?

        



       A xornada foi propicia para Carabullo e Troitas Bravas. Os dous equipos chegaron aos 80 ptos. De todos os xeitos, Billardeiros ceden terreo moi pouco a pouco, xa que non baixan dos 70 ptos por xornada, o que fai que os outros equipos teñan que facer unha proeza en cada xornada para superalos. A loita polo título está aberta, pero que me dicides da disputa da terceira praza de Play Off? Este ano Troitas Bravas reforzaron o cadro de xogadores e xogadoras e están respirando cerca da caluga de Chaínzos-Cadaval. Salientar nesta xornada a gran actuación de Remourelle Bulls, que superaron os 70 ptos algo inaudito para os históricos bois. A actuación de Jorge, que aproveitou o coñecemento do terreo de xogo, pois xogouse moi preto do seu lugar de nacemento, e de Milio, ben secundados por Muriego e Manu Caldeiro, fixo que o bruar se escoitara na Fórnea.
       A principios de temporada, Carabullo fixo un investimento moi importante nunha fichaxe estelar. Pero, xa empezan a verse os froitos desta arriscada operación de funambulismo financieiro. O desembolso dos 133 euros que supuxo o traspaso de Alvariño podía desequilibrar o teito salarial da franquicia, pois este xogador pasou a ser o mellor pagado do equipo. Non obstante, semella que encaixou ben entre seareios e seareiras da Ponte de Outeiro, incluso xa están pensando en erixirlle un busto na praza da parroquia se finalmente consegue levar ao equipo outeiriño ata o Olimpo do Apóstolo. 
       Na categoría individual, Charli asaltou o primeiro posto. Manu PozoMarkytos Daniel están á espera. Sachas e Regueiro viñeron da Pontenova para quedarse nestes postos. Rubén, Cortón e Pepe Outeiro forman o triángulo máxico de Chaínzos-Cadaval e son moi persistentes no empeño de apagar a música. O internacional Isma xa está ás portas das prazas de Play Off, a pesar de faltar á xornada anterior. Mais, tamén se acercan a estes postos Alvariño e Juan. Entón, non vai estar doado entrar entre os elixidos para a gloria compostelana. De todas as maneiras, con este novo sistema de puntuación non é fácil que os favoritos se deixen moitos puntos. Por exemplo, dos 17 primeiros da xeral ninguén fixo menos de 15 ptos nesta xornada. Polo tanto, nunha xornada as diferenzas entre os primeiros non chega aos 10 ptos, salvo devacle de algún. 


CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
CHARLICARABULLOPONTE DE OUTEIRO
ISMACARABULLOPONTE DE OUTEIRO
JORGEREMOURELLE BULLSBARREIROS
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
BEATROITAS BRAVASA PONTENOVA
LOLA EIRASPOLKA MISERIAPOL
GENIBILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO
CATEGORÍA EQUIPOS
CARABULLOPONTE DE OUTEIRO
TROITAS BRAVASA PONTENOVA
BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO

PARTICIPACIÓN  53

  9 MULLERES
44 HOMES
















      A gran noticia da xornada, ademais da consolidación do número de participantes, foi o triunfo de Gándara. O artesán da billarda, e da vida, soubo aproveitar que xogaba de local e que o clima da Coruña favorece a torsión das vértebras. Segundo contou o palanador de Filloas de Sangue ao erguerse da cama as articulacións dixéronlle," hoxe si!".
       Outra novidade que pode ser definitiva para acabar como a supremacia de Campo da Feira é que Edu, actual segundo clasificado, está negociando o seu traspaso. A franquicia da capital, Filloas de Sangue, está buscando financiación para poder afrontar a operación sen poñer en perigo a súa subsistencia económica no mercado de decembro. Esta Conferencia está dominada desde hai 3 temporadas polo poderío de Paiosaco, tanto na categoría de equipos como na individual. Collazo non da opción aos rivais e cando non gana a xornada queda segundo ou consegue non baixar dos 20 ptos, algo que non está ao alcance de ninguén, a día de hoxe. Ademais, a ausencia de Oscar Ponte fixo que a clasificación para o Play Off se apretara moito. 
      A segunda praza de Play Off na categoría de equipos vai ser o desexo de tres equipos. APB Santa Marta ten un equipo moi sólido e novo como para deixarse sorprender polos veteranos de Filloas. e Malpica ten un equipo moi inexperto, pero moi interesante para o futuro, pois xunta experiencia con xuventude. En definitiva, alterar a orde do ano pasado vai ser complicado. 



CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
GÁNDARAFILLOAS DE SANGUEA CORUÑA
COLLAZOCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
VIQUEIRACOCHIQUEIROSCERCEDA
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
MERCHEAPB SANTA MARTAA LARACHA
MARIÑAMALPICAMALPICA
PILIARMADIÑAPOIO
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
MARCCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CARMELAMALPICAMALPICA
MIGUELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
CAMPO DA FEIRAPAIOSACO
APB SANTA MARTAA LARACHA
FILLOAS DE SANGUEA CORUÑA






PARTICIPACIÓN  30

  7 MULLERES
23HOMES

Ningún comentario:

Publicar un comentario