FIN DE SEMANA DE ABERTOS

XERRO DO SALNÉS 2018






PINTOS (palanador nativo sen licenza LNB)




       O Xerro 2018 queda no Salnés. Desta vez, un xogador amateur das Rías Baixas., Pintos, conseguiu vencer. O secreto do seu xogo hai que buscalo na adaptación ao microclima de Xil e á cor da folla nova dos viñedos que están situados detrás dos varais. Esta cor deslumbra a aqueles ollos non habituados ao cromatismo da vide. Así, excelentes palanadores do norte non foron quen de golpear a billarda no aire debido aos reflexos verdes que lle impactaban na vista.

Pintos, co seu triunfo, licenciouse para poder xogar xa na LNB Rías Baixas
 





GUTI Troitas Bravas



FLORES Ekipa Bítere



FRANCO Billardeiros Musicais



GENI Billardeiros Musicais



NOE Troitas Bravas



SACHAS Troitas Bravas



VILLARINO Remourelle Bulls

     En definitiva, para render a bo nivel cando se xoga na pista das Angustias hai que ter o corpo aclimatado ao clima da Terra do Albariño. A expedición LNB que veu do norte está pensando seriamente a posibilidade de pernoctar en Meaño durante a semana previa ao o Xerro 2019.







TAB CANTODAREA 2018



       Houbo 32 participantes no Aberto das Cigalas de Cantodarea. O empedrado do parque azul cos seus bancos en medio dunha das pistas de xogo é un lugar moi atractivo para xogar á billarda, xa que, un obstáculo como ese require de enorme precisión para evitar golpear nel. Cada quen fixo o que puido.

Cerqueiro da escola de Valpaços debutou en Marín

 

PODIO -   3º-L. Camiña 1º-Xan 2ª- Bego



ANA Gharaboto


ARES Andarela



CASILDA Gharaboto



L. CAMIÑA Gharaboto



LU Lúa de Forza



Os bancos do Parque Azul de Marín deron respiro aos corpos cansados



BEGO Corredoiras



LUCÍA Rinoceronte



MARISA Lúa de Forza e BEGO

Ningún comentario:

Publicar un comentario