CONFERENCIA NORLESTE
A quinta carreira do vindeiro sábado en Remourelle será a última antes de que a Comunidade Norleste se encamiñe ao Castiñeiriño (Compostela). Mais, antes de afrontar o reto de repetir Coroza LNB 2018 (algo que ninguén fixo de xeito consecutivo) deberanse resolver varias incognitas nos podios de Conferencia e nas prazas de finalista.
Pensamos que o título individual ten nome, Charly de Carabullo. As outras prazas de podio están no aire, pero o que podemos intuír é que Manu Pozo estará no podio, en segunda ou en terceira posición, e que Regueiro intentará alcanzar a Manu, ao mesmo tempo que terá que defenderse dos golpes de Daniel. Nas posicións de Finalista LNB haberá unha praza en xogo, a que ocupa nestes momentos David Navallo, quen avantaxa a Coedo en 7 ptos. Despois, Luís Ares e Jorge teñen algunha mínima opción, pois as matemáticas así o declaran.
Na categoría feminina está por decidir unha praza. De momento, esta posición pertence a Lola Eiras e só Bea tería posibilidades de alcanzala, xa que, Lucía renunciou a participar na Final Feminina, no caso que conseguira esta praza.
Na Categoría de varados hai un quintuple empate na última praza de finalista. As estatísticas dos últimos anos indican o seguinte: fanse varados, poucos, pero o cemento de Remourlle pode entregar a praza a calquera dos cinco empatados e evitar, deste xeito, un desempate final.
Para anticipar o que pode suceder na lixa de cemento da pista de Remourelle, en canto á Categoría de Equipos, imos analizar os resultados da temporada pasada dos dous equipos que se xogan a praza que quedaría por decidir. Tendo en conta que Carabullo ten a praza practicamente asegurada, salvo catástrofe impensable, pois avantaxa a Troitas Bravas en 20 ptos. Deste xeito, se se repetise a puntuación do ano pasado, Troitas da Pontenova superarían a Chaínzos-Cadaval, dado que conseguiron 3 ptos máis que o equipo da Chaira. Actualmente, a diferenza é de 2 ptos a favor deste último equipo, e o empate sempre o favorece. Entón, 3 son os ptos que necesita o equipo troiteiro para metarse na Final LNB 2018.
2016-2017
Tal é a expectación que provoca esta última xornada da Conferencia Mai, que o resto das Conferencias e dos países europeos nos que se xoga á billarda (Slovenia, Rumanía, Italia, Portugal, Croacia...) solicitaron que se retransmitise en directo. A taberna de Lola (base estratéxica situada a carón da pista deportiva de Remourelle) está preparando as antenas e xeolocalizando os satélites de comunicacións para retransmitir o evento en directo. Villarino tivo que contactar varias veces coa axencia europea de telecomunicacións, pois coincide a xornada de Remourelle co Festival de Eurovisión. Finalmente, o ente europeo, con moi bo criterio, decidiu retrasar o horario de emisión do dito festival para non poñer en perigo as súas estatísticas de audiencia.
| TEMPORADA | PARTICIPACIÓN | VARADOS | |
| 2016-2017 | 43 | 3 | |
| 2015-2016 | 47 | 7 | |
| 2014-2015 | 46 | 3 | |
| 2013-2014 | 48 | 5 | |
Para anticipar o que pode suceder na lixa de cemento da pista de Remourelle, en canto á Categoría de Equipos, imos analizar os resultados da temporada pasada dos dous equipos que se xogan a praza que quedaría por decidir. Tendo en conta que Carabullo ten a praza practicamente asegurada, salvo catástrofe impensable, pois avantaxa a Troitas Bravas en 20 ptos. Deste xeito, se se repetise a puntuación do ano pasado, Troitas da Pontenova superarían a Chaínzos-Cadaval, dado que conseguiron 3 ptos máis que o equipo da Chaira. Actualmente, a diferenza é de 2 ptos a favor deste último equipo, e o empate sempre o favorece. Entón, 3 son os ptos que necesita o equipo troiteiro para metarse na Final LNB 2018.
2016-2017
| CHAINZOS-CADAVAL | PTOS |
| RUBEN | 18 |
| PEPE OUTEIRO | 17 |
| LUIS ARES | 17 |
| PAULA | 17 |
| PEPE VIDAL | 16 |
| CORTON | 16 |
| TONECHO | 12 |
| LORENA | 12 |
| 69 |
| TROITAS BRAVAS | PTOS |
| SACHAS | 19 |
| CARLOS | 19 |
| REGUEIRO | 17 |
| GUTIERREZ | 17 |
| NAVALLO | 17 |
| NOE | 15 |
| 72 |
Tal é a expectación que provoca esta última xornada da Conferencia Mai, que o resto das Conferencias e dos países europeos nos que se xoga á billarda (Slovenia, Rumanía, Italia, Portugal, Croacia...) solicitaron que se retransmitise en directo. A taberna de Lola (base estratéxica situada a carón da pista deportiva de Remourelle) está preparando as antenas e xeolocalizando os satélites de comunicacións para retransmitir o evento en directo. Villarino tivo que contactar varias veces coa axencia europea de telecomunicacións, pois coincide a xornada de Remourelle co Festival de Eurovisión. Finalmente, o ente europeo, con moi bo criterio, decidiu retrasar o horario de emisión do dito festival para non poñer en perigo as súas estatísticas de audiencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario