A
xornada 11 ten varios posibles titulares. O primeiro sería:
Ave,
Rinox.
Os
Rino renaceron das súas cinzas
Despois dunha longa travesía polo deserto da vulgaridade competitiva, o rabaño con cornos volve a bufar. Un equipo histórico que subiu ao terceiro posto do Podio Nacional de Equipos LNB 2016, empeza a recoller os froitos daquela decisión de afrontar unha renovación traumática, onde o equipo decidiu prescindir de varios dos seus xogadores sagrados: Luís, Juanma, Iván, Albino, etc., e apostar por un proxecto de futuro coa incorporación de valores moi novos e inexpertos como Aki, Nanuq, Cesar, Gonzalo e José Manuel. Cris Coen, cineadipto, e Che, o arrepentido das gerrillas revolucionarias cubanas, resumiron o ideario dos Rino nun libriño, aínda sen editar, chamado "Sementar sementarei", neste explican a estratexia do equipo de cara a futuros retos olímpicos.
Outro
titular, tamén, bastante acertado sería:
As
augas volveron á súa canle.
Os grandes favoritos das
categorías individuais xa ocupan a primeira posición na xeral.
E que me dicides deste outro:
Un
billardazo ben dado no labio
é o camiño máis curto para chegar ao
podio.
Charri, quen estaba tendo unhas carreiras iniciais
mediocres, recibiu un billardazo de Gerardo Torres no beizo superior e, santo remedio, desde ese momento o seu rendemento foi excelente. Tanto foi así que
só perdeu a final no golpe de desempate contra Xan, e porque perdera
moito sangue e a súa musculatura resentiuse nese golpe final.
Agora as clasificacións quedan do xeito seguinte (o número de prazas para a Final LNB 2019, neste momento, serían 22 máis a praza do Coroceiro actual Che).
A día de hoxe segundo porcentaxe de participación o número de prazas na Categoría Feminina serían 11 máis a praza da campioa actual, Adriana.
Na categoría de Equipos as prazas da Final LNB son 3.
A Categoría de Equipos Femininos só se disputa na Conferencia Rías Baixas, pois, polo momento nas outras conferencias non todos os equipos teñen o número suficiente de mulleres para poder competir deste xeito.
Breixo o palanador máis novo de Armadiña xa empeza a acercarse aos podios na súa categoría Chupete |
Gerardo Torres o autor do billardazo terrorífico que lle abriu un labio a Charri |
Cando Machi compite con Armadiña o equipo feminino sube o seu nivel. Esta xornada Armadiña quedou segundo en Equipos Femininos. |
Carmen Pazos un exemplo de vida |
Paco Vidal outro exemplo de vida |
Daniel e Che, un exemplo... a non imitar. |
Os caprichos do terreo fixeron que esta billarda non entrara |
CONFERENCIA NOROESTE
Óscar Ponte foi o ganador da xornada e a expedición das Rías Baixas fracasou no seu intento de conquistar fama e prestixio. Desde o sur do país dous equipos, Lúa de Forza (4) e Corredoiras (4), dirixiron as súas naves cara ao Pontoxo coa saudable intención de marcar terreo de cara ás Finais LNB 2019. En definitiva, para meter medo aos palanadores e palanadoras do Noroeste.
Pois ben, os pacíficos xogadores e xogadoras das Rías Baixas encontráronse cun terreo de xogo intencionadamente preparado a xeito de trincheira. Un terreo cheo de trampas físicas en forma de farois, árbores e zonas de herba dentro do terreo asfaltado e zonas asfaltadas dentro do terreo de herba. En definitiva, un auténtico curro da rapa das bestas. O erro dos equipos sureños foi anunciar a súa asistencia á xornada do Pontoxo.
Agora a clasificación xeral Absoluta queda do xeito seguinte.
Lito e Bego de Corredoiras empuxando a Abel (un dos xogadores máis en forma de Campo da Feira) para botalo fóra da pista de xogo e así asegurarse os puntos desa carreira. |
Magnífico golpe de Miklos |
Xulio Ponte o encargado de coidar o campo de xogo (menuda emboscada preparou o de Paiosaco!) |
Julio Vilas tamén caeu na arañeira de EGASA (posición home araña) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario