O sábado pasado xogouse o Aberto das Festas do Carme en Marín.
A LNB Rías Baixas, despois dos pobres resultados da FinaLNB 2019, púxose en mans do equipo sociopsicopedagóxico que se encarga da preparación técnico-tactica-psicolóxica-emocional-espiritual-dietética do equipo de Marín, Gharaboto. A intención desta decisión é a posta a punto de palanadoras e palanadores para a nova temporada. "O Sur de Galicia tamén sabe xogar billarda", este é o mantra que se vai escoitar e oír nos terreos de xogo a partir de setembro.
Para que vexades que a cousa vai en serio, ollade esta escolma de golpeos que sucederon o sábado no Aberto do Carme, no parque Eguren do centro de Marín. Pódese apreciar con toda claridade o novo xeito de golpear que se impón para a nova temporada. Golpe requintado e exquisito que ofrece delicias á vista e fai gozar a seareir@s, ademais de estar decorado cunha efectividade plena.
![]() |
| ADRIANA |
![]() |
| ALBINO VEIGA |
![]() |
| ÁLVARO |
![]() |
| CASILDA |
![]() |
| CHARRI |
![]() |
| HUGO |
![]() |
| L. CAMIÑA |
![]() |
| LU |
![]() |
| LUÍS GON |
![]() |
| M. FARIÑA |
![]() |
| MARISA |
![]() |
| MARTÍN |
![]() |
| MÓNICA |
![]() |
| OUTEIRO |
![]() |
| PIRU |
![]() |
| RICAR |
![]() |
| SANTIAGO |
![]() |
| SUSO |
![]() |
| TAXEIRO |





















Ningún comentario:
Publicar un comentario