LNB Novas de Verán

       Xa temos a confirmación dalgún TAB programado para este verán 2019. Outros irán buscando acomodo no calendario de festas e festivais de estío. 







      Pero, como non todo é competición aquí vos deixamos coa sección Novas de verán da LNB. Non é sorprendente que os Campións LNB sexan convidados a todo evento festivo que se celebre en Galicia, o que si sorprendeu foi a súa presenza na Habana. O goberno revolucionairo cubano quere darlle un impulso decisivo a Quimbumbia, pois consideran que a selección cubana de billarda debe estar preparada para cando se enfronte coa Auténtica.


      Tampouco nos pode sorprender que o mercado empece a moverse, xa que, os equipos están establecendo os retos para a nova temporada e queren reforzarse. Así, Lúa de Forza fixa de novo o seu obxectivo estratéxico na fichaxe de Charri. Semella o conto de todos os veráns. As fontes do equipo verde confirmaron que desta vez vai en firme a oferta ao gran fotógrafo de Bueu e mellor palanador. Ademais, a súa mediocre actuación na FinaLNB 2019 pode precipitar a súa baixa en Corredoiras. 
          Verdadeiramente, o que se pode considerar inesperada é a decisión de Kevin, de APB SANTA MARTA, de emprender a aventura americana. Kevin aceptou un papel nunha nova versión da Lista de Schindler. Tamén, colléunos a desmán a noticia do acercamento entre Ferrari e o Mago de Castropol. Seica, a falta de Magic Alonso, bo é Mago Navallo.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario