PRÓXIMAS CITAS DE VERÁN LNB

    Xa están preparados, planificados e coordinados os primeiros TAB nas Conferencias Atlánticas. Despois de pasar a recomendada e necesaria vintena (se a corentena son 40 días de illamento e curación, a vintena soamente son vinte días), xogadoras e xogadores das Conferencia Noroeste e Rías Baixas xa esqueceron as súas actuacións mediocres na FinaLNB 2019 e queren visualizar unha nova temporada 2019-2020 chea de berdillazos e varados. 
      Esta vindeira fin de semana será na Laracha e na fin de semana previa ao San Xoán (22 xuño) será no Estadio Nacional de Billarda de Poio.








Ningún comentario:

Publicar un comentario