ALL STARS 2014 CARBALLO 15 MARZO



Aquí vai a información do All Stars deste ano, para o que esperamos ter o cartaz en breve. 

Será o 15 de Marzo en Carballo, e será unha actividade de tarde xa que consideramos que sendo un sábado facer unha actividade todo o día faría máis complicado a participación. Así comezaremos ás 15.30 e prevemos finalizar sobre as 19h. A localización será na propia vila, nas pistas de Choris (antigo campo de fútbol), alí hai un campo de area e de forma contigua unha pista de futbito, dispondo dun espazo realmente moi amplo. Se chove será no pavillón da Escola Fogar que se encontra tamén pegado á zona. Ademáis hai moito sitio onde aparcar. O formato será:
-Concurso de Habilidades
-Concurso de Triples
-TAB (Torneo Aberto de Billarda)

Falaramos nunha reunión en Compostela (http://todolnb.blogspot.com.es/2013/06/o-pasado-sabado-15-xuno-celebrouse-en.html#comment-form) de dar dúas prazas para as finais (PLAY OFF 2014), coa finalidade de facer máis atractivo o desprazamento a este evento. As dúas prazas serán para os dous mellores clasificados no aberto, en caso de que xa se clasifiquen pola súa conferencia liberaránse esas prazas. 

Ao finalizar haberá unha xuntanza para falar de temas organizativos dos PLAY OFF e outros asuntos  de interese para a LNB. Polo tanto, sería fundamental que houbese representantes de todas as Conferencias. Será unha vez que remate o aberto nas oficinas do Patronato de Deportes que se atopa tamén pegado á zona onde se fará a actividade. 

Mentras tamén está prevista unha foliada xa no ámbito máis lúdico nunha taberna da zona que levarán a cabo activistas da LNB con uns fichaxes da zona. E máis tarde (sobre as 22.30h) reafirmando o compromiso da LNB co panorama musical galego haberá un concerto na Sala A Reserva con entrada de balde no que tocarán Xenderal, Os Vacalouras e debutará a nova formación de 12 Labirinto (grupo de Silveira e Manolo de Zënzar). 






Ningún comentario:

Publicar un comentario