ALL STARS 2014

Sería interesante debatir, na xuntanza posterior ao ALL STARS 2014, cara a onde queremos camiñar para favorecer a práctica da billarda e a súa difusión por todo o territorio galego. Dous posicionamentos parecen claros, e tamén compatibles no tempo:
    • Unha visión de futuro onde a billarda sexa un deporte.
    • Unha perspectiva que considera a billarda un xogo tradicional e popular.
Evidentemente, tanto desde un posicionamento como desde outro debemos continuar fortalecendo os alicerces das colaboracións con colectivos sociais, deportivos e culturais, como se leva facendo desde que naceu a LNB (2005).

Agora ben, se pretendemos chegar a vivir un tempo no que nenos e nenas, mozos e mozas, adultos, poidan escoller practicar o deporte da billarda entre outras modalidades deportivas deberiamos avanzar cara a unha reflexión colectiva sobre as liñas de actuación para alcanzar ese lugar. Ou sexa, sentarnos, falar, escoitar, chegar a acordos e levar a cabo o acordado. Un xeito adecuado de organizarnos é formar equipos de traballo segundo a conferencia, pois cada localización xeográfica á que chega a LNB ten unhas peculiaridades propias (número de participantes, sistema de competición, horarios, lugares de xogo, calendario, etc).

Se eleximos o diálogo, sería conveniente planificar como chegar aos medios de comunicación e aos grupos políticos e parlamentarios para iniciar un longo camiño cun obxectivo no horizonte, que a billarda sexa considerada modalidade deportiva, paso previo a ter unha estructura organización con apoio institucional.


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario