Crónica fin de semana 5ª xor. NORLESTE e 5ª xor. NOROESTE

       Durante as xornadas LNB gardouse un minuto de silencio polo pasamento de Xosé Salgado Agrelo (Xosé da Flor), un compañeiro de Meira, que xogou durante varios anos na Conferencia Norleste e que nos deixou prematuramente.

XOSÉ SALGADO AGRELO
    Para quen non o coñecera aquí quedan as súas palabras. É o primeio que escribiu no seu blog, aló polo 2013.
      " Nunca estiven de acordo en que meterse onde non te chaman fose malo. Ao contrario, as accións rompedoras, que marcaron a diferenza ou que cambiaron algo sempre estiveron protagonizadas por homes e mulleres que se meteron onde non os chamaban, porque pensaban que outra cousa era posible. No fondo, este blogue vai ser iso. Unha oportunidade para meterme onde non me chaman escribindo sobre libros, sobre soños ou sobre o tempo. Porque, coma Borges, eu tamén escribo para min, para os meus amigos e para atenuar o paso do tempo". (8 xuño 2013. ondenonmechaman.blogspot.com (Xosé Salgado Agrelo).

Conferencia Norleste



Conferencia Noroeste





CONFERENCIA NORLESTE 
5ª XORNADA 
San Miguel de Reinante (BARREIROS)



PARTICIPACIÓN
47
MULLERES 7
HOMES 40


       A xornada disputouse no campo de fútbol do Celta Barreiros. A herba das Valgas foi inmisericorde cos máis necesitados de puntos e o intenso vento, pola súa parte, non permitiu ver tantos grandes golpes coma noutras xornadas. Pero, o que si conseguíu a herba de Reinante foi axustar a clasificación de equipos. Agora, Carabullo está a tan só 8 ptos do intocable equipo de Ribadeo, Billardeiros Musicais. 35 xornadas ininterrumpidas son as que leva o equipo ribadense no primeiro posto (dese 2014), e os astros ou os deuses queren que para a seguinte xornada, Carabullo teña a oportunidade de romper esa xeira incrible. Sería curioso que fose na Mariña, onde se acabase este récord estratosférico. De todos os xeitos, os músicos van facer todo o posible para que a música continúe. Chaínzos e Troitas obtiveron boas puntuacións. O que sucede e que para non perder o ronsel dos dous grandes terían que estar por enriba dos 75 ptos por xornada, e non sabemos se serán quen de manter estes número e non distanciarse moito nas próximas xornadas. Despois destes catro grandes equipos, vén a zona media, que ocupan Remourelle e Billarda Verde. O histórico Bulls de Remourelle encabeza esta segunda parte da clasificación, xa que non pode aspirar a acercarse ao podio, polo menos esta temporada. Deben buscar talentos nas escolas ou acudir aos créditos bancarios para fichar figuras xa consagradas. O equipo de Castroverde ten un déficit importante de xogador@s o que limita moito as súas prestacións. Esta temporada, moito nos tememos que a billarda de ferro irá para Pol. Coa marcha de Alvariño o equipo quedou sen norte, sen referente, sen rumbo, e non son capaces de sustituílo.






       En canto á clasificación individual, o Bicampión de Conferencia Charli, que ten un idilio coa herba, volveu ganar, e xa van dúas xornadas consecutivas. Deste xeito, eleva a 7 puntos a distancia sobre o segundo, Manu Pozo. Estes dous palanadores son os únicos que teñen unha media de 20 puntos ou máis por xornada, algo ao alcance de xogadores de CLASE SUPREMA. Daniel xa está no terceiro chanzo do podio. Por detrás hai 4 palanadores empatados, Sachas, Markytos, Regueiro e Rubén. Así, desde o segundo posto ao sétimo hai 6 puntos nada máis. Despois, aparecen palanadores que aínda non se separaron das posibilidades de podio final, como Pepe Outeiro, Cortón e Santi. Por enriba dos 70 puntos e en prazas de Play Off están Suso Coedo, Iván Alonso, David Navallo e Jorge. Podemos considerar que o Campión 2018 está entre aqueles palanadores que superan os 80 ptos actualmente, pois sería algo excepcional que alguén puidese remontar más de 20 ptos. Daquela, Charli volve ser o claro favorito, sen esquecer aos Billardeiros Musicais, Manu Pozo, Daniel e Markytos. Para saber se Sachas, Regueiro e Rubén poden estar entre os elixidos para loitar ata o final polo título deberemos esperar un par de xornadas, pois son xogadores con menos palmarés que os anteriores. Os demais deberán defender as prazas de Play Off. 




CONFERENCIA NOROESTE
5ª XORNADA
Boado (CULLEREDO)


CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
COLLAZOCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
JUAN CARLOSCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
XULIOCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
MERCHEAPB SANTA MARTAA LARACHA
MARIÑAMALPICAMALPICA
AURELIACAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
MARCCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
ABELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
MIGUELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
CAMPO DA FEIRAPAIOSACO
APB SANTA MARTAA LARACHA
FILLOAS DE SANGUEA CORUÑA


PARTICIPACIÓN
31
MULLERES 5
HOMES 26
       
       A participación na Conferencia Noroeste consolídase por enriba dos 30 participantes, algo magnífico para a LNB. O dominino de Campo da Feira é incuestionable e só APB pode acercarse aos números do equipo de Paiosaco, en xornadas contadas. Ademais, Filloas de Sangue xa se instala definitivamente na terceira posición sen opcións de alcanzar ao equipo da Laracha. Incluso o equipo de Malpica, que se creou este ano, podería disputarlle ese terceiro posto final se os da Coruña baixan o rendemento. O histórico Cochiqueiros está sobrevivindo que non é pouco. As esperanzas do equipo de Cerceda están postas en Oscar García, un neno de categoría infantil, pero dunha destreza fantástica.  




       Collazo ganou a xornada e non fixo máis que certificar que o seu gran obxectivo desta temporada é levar por vez primeira a Coroza para territorio Noroeste. A competición local semella que lle queda pequena, algo que confirman os números. Avantaxa en 31 ptos ao segundo e en 41 ao terceiro clasificado. Isto significa que aínda que falte a unha xornada non o alcanzarían. Edu mantén o tipo e conserva o segundo posto con bastante folgura. Gándara cerra o podio a 10 puntos de Edu e empatado a puntos con Lito, a gran sorpresa desta temporada. Roi, Andrade, Xulio e Juan Carlos están por enriba dos 70 puntos e son candidatos ao podio, tamén. Despois, si que comeza a loita polas prazas de Play Off. Carlos e Dilan deberán defender os seus postos.     






Ningún comentario:

Publicar un comentario