10 xornada Culleredo Folgueira de Castelo

      Onte, entre os piñeiros e a fauna de Folgueira de Castelo, aparecéuse a figura fantasmal dunha "Djalma en pena", Edu García, o "Djalminha de Paiosaco", para deixar xeadas a todas as persoas e a todas as billardas da Conferncia Noroeste. Aínda tiña quente no bandullo o licor café da celebración do aniversario de boda (sábado 24), cando golpeou cun berro seco a última billarda que o convertiu en ganador da xornada 10. 






2º-GÁNDARA 1º-EDU 3º-DILAN       1º INF. MIGUEL CANCELA           1ª FEM MERCHE


       Ao finalizar a xornada puidemos recoller as primeiras palabras de Edu o Djalma de Paiosaco. Estaba bastante preocupado (mirade a foto da entrega de premios), pois non sabía a que atribuír o seu fantástico rendemento deportivo, "non sei se foi o licor café, o xabarín ou os callos". Temos imaxes do menú dietético que tomou o sábado pola noite. Entón, ao non identificar a variable causante de tal rendemento muscular e biomecánico, o de Paiosaco xa está votando contas para ver se poderá repetir menú a véspera da vindeira xornada de liga. 













     


Edu e a súa compañeira de vida celebrando o aniversario de boda (sábado 24 febreiro)







       
        


CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
1EDUCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2GÁNDARAFILLOAS DE SANGUEA CORUÑA
3DILANAPBA LARACHA
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
1MERCHEFILLOAS DE SANGUEA CORUÑA
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
1MIGUELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
1CAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2APB SANTA MARTAA LARACHA
3MALPICAMALPICA


       Vemos unha serie de fotos enviadas por EGASA, nas que se aprecia o fantástico lugar escollido para xogar a 12 xornada. Nesta xornada debutaron varios palanadores. Outra nova magnífica para a LNB.







       O título está nas mans de Collazo e os demais buscarán outros obxectivos. Así, as dúas prazas de poido que quedarían van estar entre Gándara, Edu e Xulio Ponte. Pensamos que os demais deberán defender as posicións de Finalista, xa que entre Dilan, quinto clasificado e Oscar Ponte, décimo clasificado, hai 11 ptos. Unha distancia tan curta que na próxima xornada todo podería dar un chimpo se algún deles non chega aos dez puntos e outros conseguen esta cifra tan desexada. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario