LNB por Europa




       A participación da LNB no torneo Pandolo na Mediteranu tiña dous obxectivos: o primeiro era coñecer os xeitos de xogar noutros países de Europa desta modalidade deportiva tradicional común a moitos países do planeta que nós chamamos BILLARDA. O segundo obxectivo era competir á maneira Pandolo. 
        

        Nesta foto de arriba vemos ao Presidente da Federación Slovena de Pandolo explicando que o Pandolo está recuperado e garantida a súa supervivencia grazas a que o Ministerio de Cultura Sloveno declarouno patrimonio cultural vivo (2000). Ademais a Federación pertence ao Comité Olímpico Sloveno. Daquela, o valor que lle dan nese país Eslavo permite que teñan recursos para manter vivo este deporte tradicional. Polo tanto, Slovenia é o exemplo para o resto de Europa e do mundo, xa que, non hai outro país no mundo con Federación deste deporte. Os demais países, conservan a práctica como poden, a través de asociacións e colectivos que se encargan de manter viva a súa práctica. Os equipos italianos que participaron pertencían a asociacións, o mesmo que os croatas e os rumanos.

        A imaxe de arriba mostra o número de xornadas que organiza a Federación durante o ano e o número de practicantes. Se comparamos os números coa LNB, podemos afirmar que, aínda que a Billarda no noso país non ten o status de patrimonio cultural nin de Federación, a LNB é quen de organiza 45 xornadas de liga entre as 3 Conferencias, e de mover esta temporada a 330 xogador@s. 

        Daquela, debemos ser conscientes que o que a LNB consigue cada temporada é poñer en movemento o maior potencial humano e material de todo o planeta para fomentar a práctica deste deporte marabilloso. Hai veces que mirando o que fan outras persoas noutros países aprendemos a valorar o que fan persoas do noso territorio para conservar as tradicións que elevan o noso espírito e os nosos corpos... ou non, quen sabe?





       Durante a amena e divertida presentación da LNB a maioría dos asistentes mantiveron a compostura e prestaron atención. Mais, sempre hai excepcións e un dos representantes do equipo de Pula (Península de Istria-Croacia) considerou máis oportuno acceder a un estado de conciencia máis elevado no cal a mente abandona o corpo e voa libre (foto de abaixo). 





        En canto ao aspecto competitivo, a LNB mostrou un nivel de xogo inesperado e inexplicable, tendo en conta as diferenzas do Pandolo coa Billarda en canto á técnica de golpeo e ao material de xogo empregado. Non obstante, así foi. A auténtica soubo adaptarse e conseguiu o terceiro posto final. 
PIRAN 1º Posto

VERONA 2º Posto
LNB 3º Posto (Berdi-Xan-Juanma)


Ningún comentario:

Publicar un comentario