PREVIA DÍA DAS ESTRELAS da BILLARDA O Atlántico desafía á Mariña Oriental

   Mentres a Conferencia Mai preparou a conciencia, o sábado pasado en Mondoñedo, a ferramenta e os corpos para conquistar o Campo da Mina da Pontenova, no Noroeste estiveron conspirando para asaltar a Mina pola retagarda, ou sexa, desmoralizando aos rivais do Norleste cun documento audiovisual desafiante e demoledor. Ao final da reportaxe aparece, tamén, o documento explicativo do sistema de competición na modalidade chamada BILLARDA 3 x 3.


(Observade senón o xeito de golpear brillante e aguerrido das palanadoras e palanadores do NORLESTE. )
ALBINO

ALVARIÑO

CHARLY

CHOUSA

FLORES

FRANCO

TOÑO

ISMAEL

IVÁN ALONSO

MANOLO

MANU POZO

LUÍS ARES

ANA

MANU


LUÍS SAAVEDRA


SANTI

XERMÁN

PAULA

PEPE VIDAL


REGUEIRO

RUBÉN


XAN

VILLARINO

GUTIERREZ

SANDRA


    E aquí aparece o audiovisual mediocre en canto a calidade cinematográfica, pois o reporteiro que manexa a cámara non dá para máis, pero cheo de ameazas veladas, de ironía ferinte, de retranca atlántica e de simple burla cara aos compañeiros e compañeiras da Pontenova. Queren provocar medo e igual se pasaron da raia, xa que, estas manifestacións poden incitar á violencia e orixinar un apedreamento innecesario dos vehículos da expedición do Noroeste na súa chegada á Pontenova. Esperemos que Troitras Bravas actúe con dilixencia e saiba identificar ao único elemento pezoñento do Noroeste. De todos os xeitos, podemos adiantar que o alcume deste individuo é EGASA.
    En definitiva, estivemos a piques de non publicalo, mais, finalmente, prevaleceu o interese social e o rigor informativo. Vós mesmas, vós mesmos poderedes xulgar as palabras. Ademais, aparece o formidable Vilals a cámara lenta e super lenta (o vals que executa Julio Vilas golpeando unha billarda onde non se debe, no espazo cheo de aire que a rodea).










Ningún comentario:

Publicar un comentario