BILLARDA na fin de semana

     A fin de semana deixou na Laracha golpes estratosféricos, elevados niveis de triglicéridos e espectaculares porcentaxes de aminoácidos. Polo tanto, xornada magnífica. Para mostra este formidable audiovisual. Non vos perdades un excepcional golpe de R.R. Vilas, sen desmerecer outros golpeos menos estéticos, pero tamén efectivos.





   
      Estamos esperando que nos chegue a información sobre o Aberto da Chaira. A nosa enviada especial a Baltar aínda non encontrou o camiño de volta. Seica tivo complicacións á hora de dosificar a hidratación e non calculou ben as consecuencias de mesturar branco e tinto. 





    Por outra beira, e sen solución de continuidade, o vindeiro xoves 25 de xullo  o Aberto Día da Patria 2019 calzará a Zoca a quen demostre o dominio do voo da billarda entre os nichos de Bonaval. 



 


    E o sábado 27 en Castroverde o Aberto da Patria.


1 comentario:

  1. Coin Casino - Welcome Bonus 100% up to €500
    Discover the best casino to play Slots from the top providers and try 1xbet korean your luck with choegocasino this fun, innovative casino offering. Get up to €500 Bonus 인카지노 for

    ResponderEliminar